Espectáculos

O Afiador

Rock ‘n’ magic

mestura maxia e música nun espectáculo único

Un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia.
Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Ultreia

ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza.

ultreia
Alquimia

Alquimia

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

As nosas letras


Dende o comezo da historia, a maxia, dun ou doutro xeito, exerceu unha asombrosa fascinación na vida do ser humano. Os nenos e nenas amosan un grande interese pola maxia, polo que a utilización do ilusionismo é altamente beneficioso para
espertar a curiosidade e o coñecemento a través do divertimento.

Anos 80
O Afiador

O Afiador

Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros.

Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e parauguas.

Un espectáculo ideal para ferias e eventos en exterior xa que todo vai auto-contido na “tarazana” (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.

ÍNTIMO

“Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño.

íntimo
Maxia Santa Compaña

A maxia da Santa Compaña

Fai algúns anos, cando o mago voltaba de facer unha actuación nunha verbena na Costa da Morte, tropezouse coa SANTA COMPAÑA que o condenou a facer as súas maxias por Galicia adiante para salvar ás almas en pena e mesmo para salvar a súa propia vida. Con esta maldición ás costas o mago terá que buscar unha solución para salvarse, e non estar condenado a vagar eternamente polos montes de Galicia. E isto só é o comezo da historia dun conflito entre unha persoa e o destino…

As novas Tolemaxias

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

Tolemaxias
Anos 80

Anos 80

A nostalxia é unha das emoción máis fortes vividas polo ser humano, o recordo de algo vivido noutros tempos que nunca volverán. ¡Pero gracias a maxia o espectador poderá sentir de novo esta emoción!

As Tolemaxias

Trátase dunha longa viaxe de máis de 90 minutos polas distintas especialidades da maxia, dende grandes ilusións ata mentalismo; dende maxia cómica ata manipulación e maxia de preto (esta última, grazas á incorporación no espectáculo dunha pantalla de 2 metros e os métodos audiovisuais máis modernos, que fan posible que os espectadores poidan presenciar dende as súas butacas grandes milagres con pequenos obxectos tales como moedas, cartas ou navallas).

Tolemaxias
Perto de tí

Perto de tí

MAXIA DE CERCA: Realizase cos espectadores a curta distancia do mago. Require unha gran precisión e moita psicología. É quizais onde está o porvir da maxia, pois reúne as características máis adecuadas para crear a atmósfera máxica e facer senti-la emoción do MISTERIO.

A maxia dos soños

Panos que cambian de cor, cartas que toman vida, cordas que danzan coma serpes, …, son algúns dos obxectos sinxelos que fan posible grandes milagres.

A maxia dos soños