Tolemaxias

Tolemaxias

“15 anos de TOLE-MAXIAS”

Transcorría o caloroso agosto de 1991 cando cae nas miñas mans un libro de maxia, louqueo cos contidos e pola miña cabeza pasa un único soño: ilusionar e sorprender á xente coas miñas maxias.

Hoxe, 15 anos despois, no frío xaneiro de 2005, con 600 libros lidos e un pouco máis tolo, conto cun milleiro de actuacións ás miñas costas. Aínda así, sigo mantendo ese soño de ilusionar, sorprender, emocionar e transmitir alegría ás persoas grazas á maxia.

Con motivo destes 15 anos, e para celebralo, poño en escea un novo show irrepetible: 15 ANOS DE TOLE-MAXIAS, no que a tolemia particular e a maxia máis impactante aparecen combinadas.

Un espectáculo para soñar

O espectáculo vén da man dunha selección dos xogos que máis éxito tiveron entre o público , así como a incorporación de novos números para o gozo de toda a familia.

Trátase dunha longa viaxe de máis de 90 minutos polas distintas especialidades da maxia, dende grandes ilusións ata mentalismo; dende maxia cómica ata manipulación e maxia de preto (esta última, grazas á incorporación no espectáculo dunha pantalla de 2 metros e os métodos audiovisuais máis modernos, que fan posible que os espectadores poidan presenciar dende as súas butacas grandes milagres con pequenos obxectos tales como moedas, cartas ou navallas).

Todo o show vai acompañado de situacións cómicas e surrealistas provocadas polo propio mago.