Tolemaxias

As novas Tolemaxias

Un espectáculo de 90 min. destinado a todos os públicos.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

Ficha artística

Escenografía: Alex Fernández
Vestuario: Feira do 13 de agosto de Viana do Bolo
Deseño de iluminación: Abracadabra Produccions s.c.
Son: Jorge Prieto
Maxias: Magicus, Juan Mayoral, LVM…
Iluminación e son: RTA
Fotografía: Pablo Prados
Rexidor / Xefe técnico: Jorge Prieto
Xefe de Producción: Héctor Guerra
Dirección: O Mago Teto