Perto de tí

Perto de tí

A intimidade, a cercanía e o control absoluto de e polos espectadores son as súas características máis acusadas.

Espectáculo pioneiro en Galicia co emprego das técnicas audiovisuais necesarias para que o espectador goze dun show de maxia de cerca en teatros, auditorios.

A calquera que lle guste a maxia, ou queira sair do cotidiano, gustaralle “Perto de ti”.

Maxia de cerca

Realizase cos espectadores a curta distancia do mago. Require unha gran precisión e moita psicología. É quizais onde está o porvir da maxia, pois reúne as características máis adecuadas para crear a atmósfera máxica e facer senti-la emoción do MISTERIO.

Perto de tí

Este é o nome do espectáculo de maxia de cerca do mago Teto. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que toman vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha soa mirada,son algunhas das cousas que poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.