O Afiador

O Afiador

Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros.

O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX , e prácticamente extinguido no século XX, desprazábanse centos ou milleiros de kilómetros por uns días ou anos coa única compaña da sua roda.

Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.

Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e parauguas.

Un espectáculo ideal para ferias e eventos en exterior xa que todo vai auto-contido na “tarazana” (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.

Un show que pode representarse tanto en interior coma en exterior, esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes.

Ficha artística

Autor: Héctor Guerra
Dirección: Héctor Guerra
Adaptación: Héctor Guerra
Escenografía: Alex Férnandez, Ebanistería a Roda
Elenco artístico / formación: Héctor Guerra
Duración: 50 minutos
Técnica teatral: Maxia
Tipo de público: Todos os públicos