Tolemaxias

Ultreia

ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza.

Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.

Neste traxecto, Teto viaxará con tres bailarinas que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez e executada en directo pola Banda de Música Municipal de Silleda e os seus máis de cen músicos, que interpretarán a banda sonora perfecta para que o mago chegue con éxito ao final do seu camiño.

FICHA ARTÍSTICA

Mago Teto.

Banda de música municipal de Silleda.
Dirección musical: Rafa Agulló Albors.
Composición e arranxos musicais: Andrés Álvarez.
Bailarinas: Xiana Vilas, Lupe Carballo e María Roja.
Técnico de escenario: Iván Benjamín Alonso Plata.
Audiovisual: Granero video.
Deseño de iluminación: Javier Adán Ayude.
Dirección artística: José Prieto.

ultreia