Alquimia

Alquimia

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!.

A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “ Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

Ficha artística

Elenco: Mago Teto
Bailarinas: Xiana Vilas E Lupe Carballo
Idea orixinal: Hector Guerra
Dirección: Héctor “O Vianes”
Colaboración na dirección: Jose Prieto Roca
Escenografía: Kukas
Voz en off: Luis Iglesia
Fotografía: Pablo Pradoss
Iluminación: Jorge Prieto E Nicolás Zamorano
Soporte técnico: Rta
Deseño gráfico: Brebosky
Produción: Mago Teto

Alquimia