Somos o que somos, pero tamén somos o que fomos.

Somos o resultado final dunha ecuación chea de variables e de incógnitas,
unha mestura de múltiples ingredentes, fillos, netos e bisnetos de todo o que nos precede.
Somos individuos, pero inevitablemente forxados por elementos comúns,
influidos pola terra, pola historia, polas crenzas e polas tradicións.

E dentro de nós están as meigas, e os diaños e as santas compañas;
e os relatos de mortes, de mortos, de maxia, de maldicións, de milagres e de meigallos.

Logo podemos decidir se crer ou non crer, se afirmarnos ou negarnos,
se “hailas ou non hailas”... pero nunca poderemos fuxir do eterno encantamento da dúbida.

Jose Prieto